Quimeras De Santiago Songtext

Eu anóome a garavata
disfrázome de excepción.
ti con vestido de noite
e zapatos de tacón.

Cearemos na cama
hawaiana con champagne
e a torta de mazá
do pecado orixinal.

E se fico en branco
ollando o negro
das túas meniñas
cravarse en min ...

Apaga a televisión,
cántame unha canción ao oído
ou dáme conversación,
que non quero quedar durmido.

Vou enchendo a bañeira
de quimeras e xabrón.
e ti vai deixando a roupa
vestindo esta habitación.

Sabe a sexo e gominolas
cada píxel deste hotel.
Apuremos esta noite
por se non te volvo ver.

E se fico en branco
ollando o negro
das túas meniñas
cravarse en min ...

Apaga a televisión,
cántame unha canción ao oído
ou dáme conversación,
que non quero quedar durmido.
This website uses cookies to ensure you get the best experience on our website. Closing this message or scrolling the page you will allow us to use it. Learn more